Cadete Fem – O Xestoria Queijo continua ocupando a primeira praza na clasificación.

Partido correspondente a octava xornada e primeiro da segunda volta, que se saldou cunha victoria rotunda, pese ás baixas, ante o CB Laracha

Encontro que se presentaba da peor maneira posible  , con so seis xogadoras , xa que faltaron María , Iría Fuentes e Iria Dios  Por lesión e Nerea e Alba por enfermidade.

Pero  o partido non podía empezar da mellor maneira posible para as nosas con un primeiro cuarto de grandísimo nivel anotando 22 puntos e solo encaixando 9 , o que facía que o adestrador local tivera que recorrer a unha defensa zoal que frearía un pouco o noso ataque pero que pronto encontrariamos a maneira de encontrar o aro , chegando así o descanso co encontro bastante encarrilado (20-38).

A saída do descanso non cambiaría a dinámica e as nosas volvían a impoñerse no terceiro cuarto por 6-13.

No último cuarto o Xestoría Queijo cerraría o encontro , conseguindo así unha traballada vitoria por 36-62.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*