Cadete Fem – Clara victoria do Xestoria Queijo que suma e sigue primeiro na clasificación

Con só unha derrota en 9 partidos e a falta de 5 para o final da Fase Regular, as cadetes de Xestoria Queijo Basket Xiria Artai continúan con paso firme cara o liderato.

Encontro que se presentaba coas baixas de Iria Dios e Iria Fuentes por lesión e Noemí por motivos persoais.

O partido non podía empezar da mellor maneira posible para as nosas con un primeiro cuarto de moi bo nivel anotando 14 puntos e solo encaixando 4 puntos , o que facía que o adestrador local tivera que recorrer a unha defensa zoal que frearía un pouco o noso ataque e que faría que o descanso a diferencia fora de  (29-18).

A saída do descanso non cambiaría a dinámica e as nosas volvían a impoñerse no terceiro cuarto por 21-9  rompendo así o encontro.

No último cuarto o Xestoría Queijo ensinaría o seu mellor nivel anotando 29 puntos cerrando así o encontro da mellor maneira posible e conseguindo unha nova vitoria por 79-37.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*