Abultada derrota do Calvo Basket Xiria fronte ao KFC Culleredo

O conxunto sénior de Basket Xiria ben de sufrir unha dura derrota na Liga EBA contra o CB Culleredo o pasado sábado no Pavillón do Burgo.

Os carballess non souberon enfrentarse un rival asequible, a priori… pero as gañas e o mellor nivel táctico do KFC Culleredo foron superiores as nosas, unido á falta de intensidade e concentración nos primeiros minutos, levaronnos a ir por debaixo do marcado e a que a vantaxe fose incrementa pasados os minutos.

No 1ºQ. xa o Culleredo demostrou que salía polo partido e rematou en 23-14. O segundo parcial, foi o mello do Calvo Basket Xiria e desplegamos un xogo alegre, con velocidade e rematou 18-17, para chegar ao descando en 41 a 31

Na segunda metade foi un similar aos inicios de partido, non iamos ao rebote de ataque e aínda así o rival anotaba en contraataque e transisción, para rematar 20-11. O derradeiro parcial (24-16) xogamos a mercede dos locais, con falta de concrentracion e protestas reiterada ós árbitros. Tan só Bruno Pallotti foi que de manter un nivel alto de competición.

Destacar o debút e primeiros puntos anotados na LIGA EBA do carballés SAMUEL LOREIRO, que a pesar da súa xuventude (18 anos), esta a facer un grande traballo e adestrando con moita intensidade, o que esperemos o leve a sumar máis minutos día a día.

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*