Victorias para os Minibasket 2008, 2009 e tamén para o equipo Premini 10

O conxunto Preminibasket Xiria Duacode 2010, vence por 63 a 10 ao Montrove Blanco. O equipo Minibasket Xiria Carballo 2009 gaña tamén o seu partidos por 60 a 44 ao KFC Culleredo e Minibasket Xiria Duacode 2008, vence por 100 a 46 ao Santa Mª del Mar.

PREMINIBASKET: XIRIA DUACODE 2010

De novo nos enfrentamos a xogador@s de primeiro ano e a diferenza de idade que había entre os dous equipos quedou reflectida na pista. Eramos maiores e tiñamos máis tempo de practica de xogo que ata o descanso foi máis visible; puidemos correr e intentar xogar a través do pase, acertando no tiro exterior. Debemos mellor na mobilidade sen balón tanto no aspecto defensivo coma no ofenisvo.

Na segunda metade pecamos de abusar das accións individuais sen apenas
boas decisións en ataque. Animar aos nosos rapaces e rapazas para que teñan máis continuidade nos adestramentos e tenten aprender tanto durante a semana como nos partidos, e que esa aprendizaxe tentemos poñela en práctica na competición.

MINIBASKET: XIRIA CARBALLO 09

Victoria para o equipo alevin de Carballo 09, na segunda xornada de liga Coruñesa. Partido moi igualado contra Culleredo , no que os xogadores de Carballo foron quen de gañar todos os períodos pero nunca con diferencias de mais de 5 puntos, polo que o partido estivo divertido e disputado.

Moita mellora a hora de desputar o encontro en relacion a fai 15 dias, notándose que os xogadores novos xa empezan a entender a maneira de ocupar espacios, de cómo axudar e de cales son as responsabilidades de cada un.

Nesta xornada debutou outra nova xogadora (Carla ) no Club, polo que levará unha victoria como o recordo no seu primeiro partido.

O equipo debe seguir traballando en aspectos técnicos individuais e ocupacións de espacios para poder desenrolar un xogo mais organizado e baseado mais no pase e menos no dribling.

MINIBASKET: XIRIA DUACODE 08

Partido disputado entre Xiria Duacode 08 e Santa Maria do Mar na categoría minibasquet masculina. A diferenza do partido anterior o equipo se encontrou moito mais cómodo como en ataque asi como en defensa.

Os xogadores entraron moi concentrados desde primeiro momento que lles facilito levar unha vitoria poderosa,primeira da tempada. Aínda asi queda moita marxe para mellorar,colectivamente e individualmente. Forza Xiria!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*