VICTORIA MAIS SUFRIDA DO NECESARIO PARA O DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI

Primeiro cuarto moi espeso no que as imprecisións e malas lecturas de xogo, complicaban a anotación , por parte dos dous equipos . (13-15)

No segundo cuarto comezaban as boas accións defensivas , e chegaría a irrupción do Junior Samuel que en apenas 6 minutos anotaría 13 puntos , tendo un debut excelente na categoría , e facendo que o Dimolk Xiria Artai alcanzara unha máxima de 12 puntos de diferencia  , que con unha canastra de ADFRO no último segundo deixaba o marcador de 35-25 o descanso.

Tras o descanso chegarían  os mellores minutos dos locais no que conseguiriamos unha vantaxe de hasta 16 puntos , pero a relaxación faría que o remate do terceiro cuarto  a vantaxe quedara en apenas 11 puntos.

Vantaxe administrada no último cuarto que podría ser maior de non ser polos numerosos fallos no tiro libre ,daba a primeira vitoria o Dimolk Xiria Artai , tendo un gran estreo na categoría.

DESCARGA >>> CRONICA DO PARTIDO

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*