#Minibasket: CB Laracha Ambigú 27 – 39 XIRIA Carballo ´09

Victoria no derbi comarcal ante o CB Laracha, a pesar de repeticións nos erros de xornadas anteriores.

Segunda victoria na liga para o equipo de 1º ano minibasket, que repetiu moitos dos erros de pasadas xornadas, e non foi quen de ocupar ben posicions no campo de xogo ademais de ter multiples perdas de balón no pase.

No aspecto positivo, a mellora dos xogadores debutantes no entendemento das dinámicas dun partido, tanto a hora de atacar como de defender. O ser capaces de separarse do balón, e facilitarlle aos compañeiros que poidan pasarnos, queda na mochila como deberes para vindeiras semanas.

No marcador, un bo primer tempo de ambos equipos, que despois baixaron o seu rendemento ofensivo. No descanso seis puntos arriba para os nosos, que acababan con difenrencia de 10 ao final doa cuarto periodo. No penultimo acto, os da Laracha reducían o marcador hasta os 4 puntos, polo que todo quedaba pendente para o último periodo, onde os nosos sentenciaron cun parcial de 9-2.

Lamentar a lesion de Martin no segundo cuarto, que non poido seguir xogando no que era o seu tercer partido na sua carreira, e que fixo que o equipo contara cunha rotación mínima, se ben xa sabemos que a lesión non é de alcance e xa está preparado para outra semana de adestramentos.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*