#InfantilMasc: Clínica Dental Noa García Cañizo 54 – 47 BC Cristo Rey

Cun último cuarto coa mellor versión en defensa e rebote, decantou a victoria e o premio dun traballado partido.

Partido correspondente á terceira xornada de liga, en Elviña 2 onde se acadou a segunda vitoria consecutiva da tempada nun partido igualado que se decidiu no último cuarto.

Dende o inicio Cristo Rey amosou unha superioridade física moi importante, os despistes dos xogadores carballeses supoñían puntos fáciles para o equipo local que acadaba as primeiras vantaxes (9-4).

No segundo período, o equipo coruñés seguía conseguindo puntos fáciles con cortes e rebotes mentres Xiria non reaccionaba e seguía a cometer erros graves de concentración e actividade e chegábase ó descanso cunha desvantaxe de 10 puntos.

Nada que ver coa segunda parte, os xogadores do Xiria saíron moito máis concentrados e permitiron menos regalos ó equipo contrario, pero aínda así non conseguía reducir a diferencia no marcador, pero si se amosaba outra cara completamente diferente.

Foi no último cuarto cando a defensa e o rebote dos carballeses mellorou e ademais apareceu colectividade e certo criterio en ataque, e puidéronse ver os mellores momentos do que vai da temporada, que levou consigo o premio da traballada vitoria por 47-54.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*