#InfantilMas: Companía de María 84 – 63 Clínica Dental Noa Garcia

Compañía marcou o ritmo, conseguía anotar moi fácil gracias ós despistes dos carballeses e amosaba un bo xogo colectivo e moita efectividade cerca do aro.

Partido correspondente á cuarta xornada de liga, no colexio Compañía de María, onde chegou a segunda derrota da tempada, nun partido con moitos altibaixos.

No inicio do partido Compañía marcou o ritmo conseguía anotar moi fácil gracias ós despistes dos carballeses e amosaba un bo xogo colectivo e moita efectividade cerca do aro, todo facía pensar que ía ser un paseo dos locais que chegaban ós 32 puntos e conseguían unha diferencia de 17 puntos.

Pero todo cambio o Xiria deixaba de abusar do bote e axustaba ben evitando repetir erros defensivos do primeiro cuarto, conseguíase así reducir algo a vantaxe e chegar ó descanso con 49-35.

Mantivo o nivel o equipo visitante no inicio da segunda parte, a defensa seguía mellorando e en ataque continuábase con rápidas transicións e certa colectividade e a diferenza continuaba reducíndose, chegando algún momento a baixar dos 10 puntos. Cando sonaba a bucina que indicaba o remate do cuarto a desvantaxe xa só era de 12 puntos..

Pero acabouse a pila, o esforzo grande dos xogadores do Xiria pasou factura nos minutos finais e de novo o parcial foi moi favorable ó equipo colexial que conseguiu chegar máis enteiro a este período e así levarse a vitoria por 84-63.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*