Contundente derrota do ORTODIX Basket Xiria Artai ante a superioridade física dos coruñeses.

Partido co que se inauguraba a fase regular da 2ª División.

Desde o principio non fomos capaces de conter o rebote defensivo, impoñéndose a superioridade física dos coruñeses na pintura e en determinadas fases o seu contraataque; este inicio fluído permitíalles atopar situacións cómodas de tiro, xa que non podiamos conterlles en situacións defensivas dos seus exteriores, obrigándonos a realizar demasiados esforzos consecutivos non chegando aos tiros desde as esquinas.

Subindo un pouco a liña defensiva eramos quen de expor dificultades roubando balóns en primeira liña, aínda que non aproveitabamos a vantaxe a través do ritmo. Durante o último minuto do segundo cuarto cometemos un par de erros que supoñen 4 puntos en contra que permite ao noso rival aumentar a diferenza deste período a 7 puntos.

No descanso tratamos de corrixir os desaxustes defensivos dos nosos exteriores, pero no terceiro período encaixamos 2 canastras fáciles de saída; coa máxima diferenza en contra facemos un esforzo defensivo que non se reflicte en situacións ofensivas; temos moitas superioridades moi mal lidas; erros na execución do pase e fallos en tiros próximos a canastra, que se unían á porcentaxe final de tiros libres (12/23).

Co partido xa roto por parte de Basquet Coruña e emocionalmente máis preocupados por un baloncesto egoísta, o cuarto período resultou un trámite onde resolvemos os problemas de maneira individualista, consecuencia das nosas carencias sen importar a responsabilidade individual.

DESCARGA >>>CRONICA DO PARTIDO

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*