Sénior Primeira Autonómica: CB Culleredo 59 – Carballo a un Paso Basket Xiria 55

jpgCB Culleredo 59 (17+7+16+19) – Carballo a un Paso Basket Xiria  55 (6+15+18+16)

Anotadores CB Culleredo: Espiñeira; Vazquez G. (7); Guitian; López-Pizarro (5); Cortés (7); Díaz; Monteiro; Urkola (11); Martínez; Blanco (6); Dorda (12); Justo (11).

Anotadores Basket Xiria: Cristian; Héctor (9); Guillamet (5); Tomé (9); Roi (8); Pablo Carballo; Fran (3); Tato (11); Cheik Kane (10); Pablo Moreira; Bajas: Argüelles y Luis Gómez.

No comezo do encontro os carballeses vironse superados en todo momento polo alto ritmo de xogo rival. Este aspecto acompañado do acerto dos de Culleredo no tiro exterior fixo posibles as maiores diferencias a favor dos locais durante todo o encontro.

Mediado o primeiro cuarto as defensas alternativas, a concentración e o carácter competitivo do equipo, foron quen de ir reducindo a desvantaxe no electrónico, acaparando máis xogo, algo que só viña sendo mostrado polo gran equipo de Culleredo, demostrando o porque da súa situación na tabla clasificatoria. O descanso ambos equipos deixaron un  24-21 no marcador.

Unha mellora na lectura táctiva do encontro os de Basilio Pampín logran reducir a desventaxa. Nese momento os carballeses comezan a dominar o ritmo do encontro, a través da defensa individual e o rebote defensivo, posibilitando varios contraataques que rematan en canastras sinxelas para os nosos. Cerrando o terceiro cuarto tan só con un punto por debaixo no electrónico. 40-39.

O último cuarto da continuidade o dominio no ritmo e nos traboleiros, con acerto de cara ó aro dende posicións exteriores para os nosos. Desta maneira acadase revertir o marcador por primeira vez en todo o encontro faltando menos de 2 minutos para o remate do mesmo. Neste intre tan crucial do encontro as perdas de balón, tres consecutivas, lastraros as opcións de victoria ante o equipo máis forte desta liga. Partido vibrante nos minutos finais que nos aporta o carácter loitador do noso equipo que plantou cara ó lider desta primeira fase.

A vindeira xornada preséntase crucial para as opcións dos xogadores de Basilio Pampín de xogar a segunda fase  desta liga no grupo dos mellores, a victoria fronte o Montrove é vital para acadar o obxetivo da cuarta plaza e por ende, da permanencia nesta Primeira Autonómica.

Esperámosvos a tod@s para animar os nosos o vindeiro sábado no VIla de Noia !!!

Clasificación tras 13 xornadas:

FullSizeRender (11)

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*