Cadete Masculino Liga Galega: Basquet Coruña 42 – Carballo a Un Paso Basket Xiria 59

Dez victorias en 10 xornadas desputadas polos nosos cadetes que lles permiten seguir comandando a clasificación con unha victoria de vantaxe sobre o segundo clasificado.

Nesta ocasión os de Ferraces visitaban a cancha do oitavo clasificado, un equipo, Basquet Coruña, que está a competir moi ben nesta liga, e o que resuta moi complicado sacar o partido.

A saída dende defensa zonal dende o minuto 1 dos herculinos, sorprende os nosos, que non son quen de ordearse para buscar as vantaxes ma línea de fondo e abusan do tiro exterior, sen acadar bos porcentaxes, tan só no bo traballo defensivo, que permitiu varios contraataques, e o dominio de Marín no xogo interior ademáis do acerto de Edu dende a media disctancia, permitelle os carballeses porse por diante no electrónico, cun resultado parcial de 9-17 finalizado o primeiro cuarto.

cadete LG basquer Coruña

Imaxe: Juan Carlos Castro.

O segundo e terceiro cuarto continúa polos mesmos termos, con moitas rotacións nos nosos, pero sen atopar un quinteto que se atopara cómodo sobre a pista do Ventorrillo e cun equipo Coruñés, que traballaba para non perder as opcións do encontro.

Finalizado o terceiro periodo, cun resultado de 24-42, que case sentenciaba o encontro, malia o desacerto dos carballeses, que erraban 17 tiros libres no total do encontro, e non eran quen de anotar dende a liña de tripla. Tan só o gran encontro de Martín baixo os aros e o traballo defenivo, permitían salvar estos cuartos de desacerto e pouca claridade.

BC EBX

Imaxe: Juan Carlos Castro.

O derradeiro encontro comeza de maneira preocupante, xa que os coruñeses, moi concentrados e coñecedores de onde podían facer danoo, comezan superiores no 1×1, e atopanse co acerto de dúas triplas consecutivas, que poñen o elecrtónico en 10 puntos de diferenza a falta de 6 min para o remate.

ferratina bc

Imaxe: Juan Carlos Castro.

Neses instantes un tempo morto e un punto máis de agresividade no xogo, acadanse tres bos ataques consevutivos, con canastras de Marín e Enrique, que volven a situar a vantaxe cerca dos 20 puntos, asegunrando unha fea victoria.

A vindeira semana remata a primeira volta, recibindo o terceiro clasificado, Peleteiro, que tan só conta con dúas derrotas en Rosalía e Lugo.

ANOTADORES:

Jota 3, Edu 4,Carlos, Anxo 8,Martin 19,Javi Lopez, Luciano 6, Melini 15, Juan Lopez 4, Souto.

Agradecementos especiais a Juan Carlos Castro pola cesión das imaxes.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*