PREVIA #LigaEBA – NOXTRUM GIJON BASKET vs CALVO BASKET XIRIA

Sábado 2/11/19 ás 20h, Pavillón Palacio dos Deportes de Gijón.

>>> Preme para Localización

Saída a Gijón complicada cun equipo de elevado presuposto (sendo nós dos máis modestos) e un conxunto dos chamados a ascender, balance vitorias 3 a 1, que veñen de perder o seu primeiro partido en León.

Xogan cun gran ambiente no seu Pavillón, onde gañaron claramente a equipos “fortes” do Grupo, coma Porriño e Chantada. Conta cun grupo de xogadores con experiencia en ligas superiores (Leb Plata e Ouro) e será un equipo complicado para gañar, pero que si traballamos ben e con gañas podemos dar a sorpresa …

Durante a semana nos adestramentos traballamos ben e con intensidade, pero perdemos para o partido, por lesión a Pablo López-Pizarro (por varias semanas), ao que dende aquí, desexamos una pronta recuperación. Ausencia importante (11 ptos. e 7 rebotes de media), non so pola súa aportación, senón que polo que ofrecía no xogo colectivo do equipo. Tampouco podemos contar coa presencia de Alberto Rodríguez, por asuntos familiares .

Sen caer nas escusas, xa que grazas ao traballo, durante o verán, da Dirección Deportiva e Fernando Buendía, a plantilla é ampla e contaremos cun equipo completo de 12 xogadores.  Xa que o Calvo Basket Xiria ten xogadores preparados para cubrir estas baixas e dar ese plus de xogo que necesitamos para este partido! Convocatoria:  ALI, JOVAN, JORGE , RUBEN, OSCAR, ASIER, VANEGAS, MARTIN, JAVI SOUTO, MANU REY, GUILLAMET e PEDRO RUSSEL.

Tentaremos mostrar  a nosa mellor cara e conseguir a 4ª vitoria, polo que seguiremos esforzándonos na defensa, mellorando a nivel ofensivo e si somos capaces de correr, para desarrollar a nosa forma de xogo, poderemos acadar unha vitoria.

FORZA XIRIA!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*