COMUNICADO ESCOLA BASKET XIRIA

Carballo, a 19 De Xaneiro de 2021.

          A Xunta Directiva da ESCOLA BASKET XIRIA, logo das medidas comunicadas esta mañá pola Xunta de Galicia e as espera do que notifiquen dende a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Baloncesto, así como calquera outra medida que poidan indicar dende calquera administración, para facer fronte a pandemia provocada pola COVID-19 e as novas restricións que afrontaremos na nosa comunidade, vimos de tomar as seguinte decisión:

INTERRUMPIR A ACTIVIDADE DEPORTIVA DOS EQUIPOS DO CLUB DE ÁMBITO AUTONÓMICO (dende Sénior Femenino a Pequebasket)

  • Isto afectará a tódolos adestramentos, partidos e calquera actividade deportiva relacionada nas mencionadas categorías.
  • Esta medida será efectiva a partir do Xoves 21/01/2021 (incluído) e ata que o ditaminen as autoridades competentes, o cal se vos comunicará tan pronto se nos indique.

O único equipo que manterá, polo de agora, a súa actividade deportiva normal, será o Calvo Basket Xiria de Liga EBA, ao estar englobado dentro de competición de ámbito Estatal e ter un protocolo específico avalado polo CSD e a Secretaría Xeral para o Deporte.

          Somos moi conscientes da decisión tomada, pero a situación actual e a evolución negativa da COVID-19, non deixa lugar a dúbida que é a mellor decisión posible, pensando na saúde de tod@ a familia de #BasketXiria.

          Darásevos máis información, a través dos grupos de equipos e Redes Sociais, ao respecto de calquera outro medida ou decisión que nos vexamos obrigados a tomar neste sentido, respecto da evolución da situación actual ou a súa reversión e melloría futura.

          Dende o CLUB queremos agradecer o voso apoio e comprensión, e facer un chamamento para que tod@s actuemos responsablemente e poidamos seguir facendo deporte e gozar do BASQUET o antes posible.

A XUNTA DIRECTIVA da ESCOLA BASKET XIRIA.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*