COMUNICADO da ESCOLA BASKET XIRIA – APRAZADO o 8º DIA AUTONOMICO do PEQUEBASKET

Tras reunión por vídeoconferencia e motivadas polas medidas excepcionais de confinamento que actualmente estamos a vivir, para facer fronte ao impacto económico, laboral, social e deportivo derivado da crise sanitaria polo Coronavirus COVID-19, a Xunta Directiva da Escola Basket Xiria, ben de tomar, entre outras medidas xa expostas anteriormente (comunicado 26.03.2020), a seguinte decisión:

APRAZAR o DIA AUTONOMICO DO PEQUEBASKET que o vindeiro 17 de Maio, íamos a celebrar en Carballo, na súa 8ª Edición. Recordar que nesta actividade xuntamos a preto de 700 participantes con idades comprendidas de entre 4 e 8 anos de idade, vidos de toda Galicia, para celebrar un día de deporte, amizada, xogos e diversión, acompañados na maior parte polas súas familias.

            Dada a situación actual que estamos a sufrir pola crise sanitaria e o Estado de Alarma decretado polo Goberno do Estado, agravado pola incerteza á hora de organizar esta actividade en canto a posibles datas de volver á normalidade e xa que tardamos semanas en organizar o DIA DO PEQUEBASKET, vémonos da obriga de tomar esta decisión.

            Esta medida non é do noso agrado, o aprazamento, pero que é a única posible actualmente. A nosa intención é celebrar a 8ª Edición neste 2020, pero polo de agora non podemos comunicar unha data … estade seguros que faremos todo o posible para que tódolos Clubs, equipos, nenas e nenos, adultos e público en xeral poidades desfrutar novamente do DIA AUTONOMICO DO PEQUEBASKET en Carballo.

Esperemos que esta situación que estamos a vivir cambie o máis rápido posible e volvamos á normalidade! Un saúdo a tod@s @s valentes que seguen adestrando, a pesar de ter que quedarse #EnCasiña. XA QUEDA MENOS !!!   TODO VAI SAÍR BEN !!! ANIMO e FORZA XIRIA!

Recibide un cordial saúdo e coidádevos moito.

Carballo, a 20 de Abril de 2.020

Asdo. Marcos Díaz MolkPresidente da ESCOLA BASKET XIRIA.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*