COMUNICADO da DIRECTIVA de ESCOLA BASKET XIRIA @S SOCI@S, NAIS e PAIS.

Trala reunión celebrada por vídeo conferencia o paso martes, a Xunta Directiva do Club ven de tomar as seguintes medidas extraordinarias, para facer fronte ao impacto económico, laboral e social derivado da crise sanitaria polo Coronavirus COVID-19, e polo tanto en beneficio de tod@s @s que formamos a Escola Basket Xiria.

1.- SOLICITAR INFORMACIÓN E APLICAR UN ERTE (Expediente de Regulación de Emprego Temporal), POR FORZA MAIOR ós traballadores do Club, dende a data de declaración do “Estado de Alerta” e ata que se retome novamente a actividade con normalidade. Deste xeito o Club vese exonerado do pago das cotas da Seguridade Social e do salario dos traballadores, podendo estes percibir a prestación por desemprego ata que remate  esta situación.

2.- No tocante ao Equipo de Liga EBA, daremos por finalizado os contratos cos xogadores a partires do vindeiro día 30/03. Dada a situación creada coa incerteza deportiva sobre a continuidade da Liga, debido á suspensión inicial da competición pola F.E.B., pero con gran probabilidade de que non de comezo novamente a competición.

3.- PEDIR UN APRAZAMENTO de 6 meses, para os pagos da entidade coa Seguridade Social e a Axencia Tributaria, para ós pago dos impostos correspondentes.

4.- RECIBOS e COTAS XOGADORES. Logo de pasar os recibo bimensual entre o 10-12 de Marzo, PEDIMOSVOS QUE NON DEVOLVADES AS COTAS. Xa que nos ocasionaría un grave trastorno económica ao ter que facer fronte a compromisos adquiridos e continuar cos pagos a provedores. Segundo avance a situación veremos como facer fronte ós importes das cotas dos períodos nos que non houbo actividade. INTERRUMPIR  OS VINDEIROS PAGOS DAS COTAS, mentres non se restableza a normalidade na actividade do Club. Recordar que neste sentido o vindeiro pago bimensual sería en Maio (correspondente a Maio e Xuño). Neste sentido calquera problema particular que vos puidese ocasionar a situación actual, a nivel persoal de cada familia, tomarase en consideración. Rogamos contactedes coa Directiva ou por correo electrónico: club@escolabasketxiria.com

5.- ACTIVIDADES. Aprazar sen data concreta a realización do CAMPUS DE TIRO, devolvendo as cotas dos xogadores inscritos. Respecto a outros eventos previstos coma o DIA DO PEQUEBASKET e o SUMMER BASKET CAMP, esperemos levalos a cabo con normalidade, pero cremos que aínda é cedo para tomar calquera decisión.

Sen ser do noso agrado estas medidas, vémonos na obriga de acollernos a elas, para así salvagardar a entidade tanto na parte económica, laboral e social. Deste xeito pretendemos facer fronte a esta crise da mellor maneira e que o Club se vexa o menos prexudicado posible. Agradecemos a vosa comprensión e compromiso, quedamos á vosa disposición.

Estas medidas son no suposto de “cese da actividade” dun mes, polo que calquera cambio vos manteremos informados. Esperemos que esta situación que estamos a vivir cambie o máis rápido posible e volvamos á normalidade! ANIMO e FORZA XIRIA!

Por outra banda, RECORDARVOS que podedes enviarnos fotos e vídeos ós grupos de whatsapp dos equipos, ao club, por email, etc… para poder compartilo e facer un vídeo final con todos os valentes que seguen adestrando, a pesar de ter que quedarse #EnCasiña.       

ÁNIMO QUE XA QUEDA MENOS !!!   TODO VAI SAÍR BEN !!!

En nome propio e da Xunta Directiva, recibide un forte saúdo e coidádevos moito.

Carballo, a 26 de Marzo de 2.020.

Asdo. Marcos Díaz MolkPresidente da ESCOLA BASKET XIRIA

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*