
O aprazamento das Competicións FEB esténdese ata a xornada do 11-12 de abril debido á ampliación do estado de alarma.
A Comisión de Presidentes de Federacións Autonómicas da Federación Española de Baloncesto, en reunión telemática de urxencia celebrada hoxe, decidiu que as Competicións FEB prolongarán o seu aprazamento ata a xornada que debía disputarse os días 11-12 de abril, debido á ampliación das medidas adoptadas polo Goberno de España en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Tamén a Federación Galega de Baloncesto, apraza indefinidamenta as súas competicións, segundo comunicado remitidos ós clubes.
Con motivo dos informes do Goberno de España e da Xunta de Galicia sobre as medidas postas en marche ante COVID-19, a Federación Galega de Baloncesto quere comunicar os seguintes acordos:
– APRAZAR INDEFINIDAMENTE todos os encontros de categorías dende 1ª Div. Masculina ata Preminibasket.
– MANTER PECHADAS as súas oficinas, nun principio ata o 30-03-20, dando o servizo vía mail.
Debido a esta situación excepcional queremos remarcar que esta Federación sempre actuará en consecuencia coas decisións e recomendacións adoptadas polas autoridades competentes. Así mesmo, nos mails oficiais, quedamos a vosa disposición ante calquera dúbida ou cuestión.
#EuQuedonaCasa … ANIMO!
Deixa unha resposta