A Coruña e a FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO buscan novos adestradores.

A FEDERACIÓN FALEGA DE BALONCESTO VEN DE PUBLICAR UNHA NOVA CONVOCATORIA, NA PROVINCIA DA CORUÑA, CO OBXECTIVOS DE QUE XOGADORES/AS, NAIS, PAIS E CALQUERA OUTRA PERSOA QUE DESEXE SACAR O TITULO DE ADESTRADOR DE INICIACION O POIDA FACER XA!

A formación en iniciación para adestradores regresa neste 2020 coa convocatoria dun novo curso na Delegación de A Coruña. Establecido para celebrarse nas datas previas ao entroido, esta inminente oportunidade didáctica presenta o seguinte programa e requisitos para a inscrición:

Curso de Iniciación 2019 – 2020 – Delegación A Coruña

Fase Presencial – Sede: Colexio Compañía de María (A Coruña)

Datas: 22/02/20, 23/02/20 e 24/02/20.

As aulas realizaranse durante as tres xornadas en horario de mañá e tarde, cun profesorado e un reparto lectivo que coñeceremos en vindeiras datas.

Fase non presencial – Realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB

Inscrición
O prazo de inscrición para esta convocatoria permanecerá aberto ata o 20 de febreiro e para formalizar a mesma deben materializarse os seguintes pasos:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío á delegación (delegacioncoruna@fegaba.com) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición, documentos que achegamos con esta información. Sección: Adestradores Arquivos:

SE TES DUBIDAS, PONTE EN CONTACTO COA ESCOLA BASKET XIRIA E AXUDAREMOSCHE A FACER OS TRÁMITES · 607 847 925 club@escolabasketxiria.com

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*