VEN A XOGAR O BASKET

A Escola Basket Xiria brinda a todos os interesados en formar parte dos seus equipos a próxima tempada, a posibilidade de probar durante o mes de Xuño de forma gratuíta, nos adestramentos correspondentes polo seu ano de nacemento.

Unha vez que a maioría das competicións  chegan ao seu final, os adestramentos que restan  entre o 3 e  o dia 21 de Xuño, serán de mellora técnica para os xogadores xa pertencentes ó club e de invitacion para aqueles nen@s que poidan estar interesados en estar  o ano que ben, ou teñan  ganas de probar o baloncesto como actividade para o próximo curso. Na páxina web do club   www.escolabasketxiria.com e no teléfono 607847925, recibirán toda a información relativa  a días e horarios  nos que se poderá participar de forma  totalmente gratuíta, nun período de proba de 20 días.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*