VÁZQUEZ Y REINO B.X. 55 — C.B. NOIA PORTUS APOSTOLI 59

Vázquez y Reino Basket Xiria e o C.B. Noia Portus Apostoli disputaron o encontro de ida pola loita por acadar o sétimo posto na liga de 2ª división autonómica. O encontro finalizou 55 a 59 a favor do equipo de Noia. Os dous equipos alternaron o dominio no marcador, o que da boa mostra de que as forzas entre os dous conxuntos están bastante próximas. O partido foi moi vistoso xa que se viron boas accións combinativas en ataque nos dous equipos e réplicas en canastas de tres puntos.

Na vindeira semana celebrarase o encontro de volta en Noia. As xogadoras adestradas por Adrián Seijas necesitan vencer por unha renta superior os 4 puntos para rematar no sétimo posto da clasificación e sobre todo para rematar a competición con bó sabor de boca.

Galería de fotos.

Galería de vídeos:

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*