Rubén Lorenzo Gómez deixa a Directiva da ESCOLA BASKET XIRIA

Carballo a 8 de Marzo do 2019.

Onte 7 de Marzo de 2019, Rubén Lorenzo Gómez, directivo de ESCOLA BASKET XIRIA, cesaba a petición propia no seu cargo como vogal, debido a un novo proxecto persoal que comezará nas próximas semanas.

Non teño outras palabras cara á súa persoa que as de AGRADECEMENTO. Sempre dixen que me considero un afortunado por vivir toda a Historia do Baloncesto en Carballo, desde as súas orixes no ano 1.985 cun só equipo federado, ata o que é na actualidade. E nesa historia do Club, sen dúbida estará sempre Rubén Lorenzo, “Rudas para os amigos”.

Lembro as eternas viaxes en autobús nos que sempre estaba Rubén para botarche unha man coas bolsas, para organizar as comidas, para que todo estivese listo para os xogadores e só nos preocupásemos de competir. Sen dúbida coñece mellor que ninguén a súa historia desde dentro, xa que desde moi nova fíxose cargo de responsabilidades que seguramente non correspondían á súa idade, pero que el as asumiu con valentía.

Tras máis de 15 anos de traballo na directiva, abandona a súa estrutura, pero cónstame que seguirá sendo un dos primeiros en animar nos partidos, desde os máis pequenos, ata os equipos Sénior.

O seu traballo sen dúbida botarase en falta, polo que como nai, pai, amigo, afeccionado ou simplemente porque che gusta o BA LON CES TO, convidámosche a formar parte da nosa Xunta Directiva e así seguir o ronsel do bo facer de Rubén e de todos os ex directivos que formaron parte do Club, desde as súas orixes.

Rubén quixo enviarnos unha carta de despedida, que compartimos con todos os xogadores, adestradores, socios e amigos do noso Club: ESCOLA BASKET XIRIA.

 

Asdo.: Marcos Díaz Molk

Presidente da Escola Basket Xiria

 

Carta despedida Rubén

Despedida Ruben

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*