PAZO VILARDEFRANCOS BASKET XIRIA 52 – SANTO DOMINGO BETANZOS 59

Partido correspondente á 3ra xornada da segunda fase na que os nosos carballeses se enfrontan á
realidade que conlevan os erros de concentración; perder por méritos propios un partido. Partido
marcado polo que esvaraba a pista e a diferenza das canastras, datos que levan a unha segunda parte
con moi pouco acerto ao aro, a tónica do partido foron as faltas de concentración que levaron ao
Pazo Vilardefrancos a crear oportunidades para o Sto Domingo que non desprezaron. Destacamos a
boa actitude e a continua mellora deste equipo que lle queda moito traballo por diante pero sempre
mellorando cada xornada. O próximo encontro será contra o Basquet Coruña U11.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*