O pavillón do IES Parga Pondal estrea pavimento deportivo e canastras elevables ao teito

O pavillón do IES Parga Pondal estrea pavimento deportivo e canastras elevables ao teito

O Concello de Carballo vén de investir 41.974 euros no acondicionamento da instalación para optimizar o seu uso dentro e fóra do horario lectivo

Dende Escola Basket Xiria, queremos facernos eco deste importante avance nas instalacións deportivas de Carballo.

Xoves 22 de agosto do 2019  Deporte

O Concello de Carballo continúa a traballar en diversas frontes para mellorar as instalacións deportivas e optimizar o seu uso, dando resposta deste xeito a unha demanda crecente que vén derivada da intensa actividade deportiva que desenvolve o movemento asociativo no noso concello. Nesa liña de traballo enmárcanse os convenios de colaboración asinados con todos os centros educativos públicos do noso concello, tanto de primaria coma de secundaria, para poder xestionar e utilizar as instalacións deportivas escolares fóra do horario lectivo.

Entre eles figura o IES Isidro Parga Pondal, no que veñen de rematar as obras de instalación do novo pavimento deportivo e de canastras elevables ao teito, un equipamento do que sen dúbida sacará moito proveito o alumnado e tamén a Escola Basket Xiria, principal usuaria do pavillón fóra do horario lectivo. Jovan Vukasinovic, un dos xogadores do equipo sénior masculino, que foi dos primeiros en probalo durante a visita que fixo ao remate das obras o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, acompañado polo xefe do servizo de instalacións deportivas, Fran del Valle, realizou unha valoración moi positiva do investimento realizado.

A actuación consistiu no subministro e instalación de pavimento deportivo que garante a protección anti humidade, fungos e bacterias, ademais dun deslizamento controlado, e que se axusta á normativa europea de seguridade e confort dos/as deportistas. Tamén se pintaron pistas de xogo de balonmán, fútbol sala, baloncesto, voleibol e badminton, habilitando así a instalación para a práctica de diferentes deportes. A maiores colocáronse as canastras de baloncesto regulamentarias, dotadas dun sistema mecanizado para poder elevalas ao teito e tamén para poder regulalas á altura do minibásket.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*