NOVO EQUIPO SENIOR DE BASKET MASCULINO EN CARBALLO

Os clubes de baloncesto en Carballo, ESCOLA BASKET XIRIA e CB ARTAI, veñen de confirmar a creación de outro equipo en categoría senior para competir na Liga de 3ª División Autónomica.

Dentro do acordo de cooperación e vinculación deportiva, as direccións de ámbalas entidades, atenderon a petición de diversos xovenes xogadores, que por mor de estar fora da localidade non se comprometían a adestrar tanto como esixen os primerios equipos dos clube, a ainda que desexaban seguir xogando e vinculados aos seus clubes de formación.

Co ascenso do CB Artai a 2ª División Autonómica e a confirmacion pola F.E.B. da praza do CALVO BASKET XIRIA para xogar na liga EBA, producese un salto deportivo moi grande para os xogadores que acaban a etapa junior, polo que a formación deste terceiro equipo sénior, ven cubrir ambas necesidades. Por un lado acoller aos juniors e por outro “repescar” e manter a xogadores que nun futuro poidan volver a involucrarse ao máximo nivel nos primerios equipos dos Clubs.

De este xeito, os xogadores senior de baloncesto en Carballo, terán hasta tres categorías diferentes onde poder medir o seu nivel deportivo:

  • Tercera división autonómica
  • Segunda división autonómica
  • Liga EBA

Este novo equipo comezará a adestrar a partir de Septembro e polo interés que despertou entre xogadores xovenes, parece indicar que non poderá dar acollida a todolos interesados, polo que o compromiso demostrado na pretemporada dará lugar a lista definitiva de xogadores.

Asdo. ARTURO FERRACES, Director Deportivo EB XIRIA.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*