FINAL A4 PARA O CALVO BASKET XIRIA EN FERROL

Importante fin de semana para os Senior Masculino, despois dunha gran tempada, chega a hora da verdade. Este próximo fin de semana, Sábado 4 e Domingo 5, disputarán a final a catro no Polideportivo Javier Gómez Noya en Caranza (Ferrol). O primeiro partido desta final será contra o Baloncesto Cambre o Sábado 4 as 20:00h, equipo que durante a tempada regular nos gañou no seu campo de forma abultada, e ao que lle gañamos no súa visita a Carballo. Un equipo moi competitivo e con xogadores de moita experiencia. O outro partido de semifinales será tamén entre dous conxuntos que se mostraron moi fortes durante toda a liga, o BBCA Costa Artabra de Ferrol e o Universitario Campus Ourense ( hora do encontro 18:00h Sábado 4).

Cadro de encontros:

cuadro emparejamientos final a4

 

A final que dará ascenso a o ganador a liga EBA terá lugar o Domingo 5 as 17:00h, donde esperamos ver gañar a o noso equipo, e así ver cumplido o obxetivo do ascenso, que a comezos de temporada era algo no que non se pensaba dado que era un conxunto recén feito e moi xoven. Cabe destacar o gran traballo feito por Fernando Buendía sacando o máximo rendemento de todos os compoñentes da plantilla e sabendo solventar situacións complicadas durante toda a liga, e o esforzo e a entrega de todos os xogadores que fixeron un gran esforzo durante todo o ano, non sendo fácil en moitas ocasións dado o gran número de lesións que houbo facendo difícil todas as convocatorias tanto para encontros como para entrenos. Destacar o esforzo e sobre todo a compañeirismo mostrado de forma solidaria por todos os xogadores formando  un equipo unido e con un comportamento exemplar en todas as situacións. Exemplo do que debe ser e o que deben aprender os máis pequenos que forman parte das escolas deportivas. Felicitar e dar as gracias a todos por entender o que representa pertenecer a un club como Escola Basket Xiria, e formar parte deste soño tan importante.

Forza Xiria

                 calvo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*