FER BUENDÍA RENUEVA CON EL CALVO BASKET XIRIA

O pasado vernes 29 de Xuño o noso adestrador Fer Buendía e a Escola Basket Xiria chegaron a un acordo para seguir traballando xuntos de cara a vindeira tempada e dar continuidade o proxecto empezado o ano pasado. O adestrador coruñés fixo un gran traballo en pouco tempo creando un grupo de xogadores moi novos donde prima o traballo colectivo por encima das individualidades. O xogo dinámico e intensidade promovida polo adestrador foron un atractivo para todos os afecionados que presenciaron os encontros do Calvo Basket Xiria.

Fer Buendía será o encargado de dirixir o Calvo Xiria na próxima tempada, intentando que o clube poda crecer un pouquiño mais e ser a referencia para moitos cativos da zona de Bergantiños. 

En palabras do adestrador, “Foi moi fácil chegar a acordo con Xiria, estou moi contento neste clube, a única dúbida era poder conciliar está responsabilidade coa miña vida laboral e coa recente paternidade, pero na directiva encabezada por Marcos e co director deportivo Arturo Ferraces só atopei facilidades. Espero estar a altura do que espera o clube e que está relación dure moito tempo, porque será o síntoma de que todos seguimos contentos”. 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*