CLÍNICA DENTAL NOA GARCÍA XIRIA ARTAI CAE NUN APRETADO FINAL FRONTE A MONTROVE

Clínica Dental Noa García Xiria Artai

O equipo cadete femenino Clínica Dental Noa García Xiria Artai perdeu na semifinal da Copa Coruña ante o Montrove de Oleiros por un axustado marcador final de 58 a 60. A igualdade foi máxima durante todo o encontro e os dous equipos fixeron sobrados méritos para lograr o pase a final.

O equipo carballés contou co apoio do patrocinador Clínica Dental Noa García Cañizo que acompañou as xogadoras no quencemento e na foto oficial da fase final da Copa Coruña.

Noa García Cañizo desexoulle sorte persoalmente ás xogadoras

O ambiente na grada foi fantástico e a pesar da derrota o público soubo agradecer as xogadoras a entrega e o bó facer durante toda a temporada. O Concelleiro de Deportes Marcos Trigo acudiu en representación do Concello de Carballo que colaborou na celebración da fase final da Copa Coruña.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*