A Escola Basket Xiria rinde tributo os equipos dos anos´80

Merecido homenaxe @s precursor@s e pioneir@s do BA LON CES TO en Concello de Carballo

Foi un acto sinxelo, unha foto de familia… como aperitivo do 35° Aniversario no ano 2020 de #BasketXiria. Para o vindeiro ano intentaremos xuntar ás diversas xeracións que pasaron polo Club en diferentes etapas e que dunha forma ou outra uniunos unha paixón: o BA LON CES TO.

Fotos de equipos Sénior de Basket Xiria cos primerios xogadores de basquet Carballés.

Recordar que antes da fundación de A.D. Xiria, o Club precursor (foto inferior), foi o C.B. BERGANTIÑOS, fundado por Jose Luís Pose Blanco “Chochi”, gran traballador a favor do deportes carballés.

Primeiro Equipo Masculino e Feminino do CLUB BALONCESTO BERGANTIÑOS.

Para mellorar no presente, é moi necesario valorar a historia que nos precede, e iso quixemos facer coas primeiras xeracións de Baloncesto Federado en #Carballo , a principios dos anos 80. Moitas grazas por asistir a esta pequena homenaxe aos primeiros directivos e xogadores desa época!!! GRAZAS . Palabras de Presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*