ORGANIZACIÓN VIAXE A SANTIAGO PARA O ENCONTRO ACB OBRADOIRO CAB-KIROLBET BASKONIA

O próximo Domingo 25 de Novembro  disputase no pavillón do Sar de Santiago o encontro de Liga ACB motivo da viaxe organizada por EBX e C.B. Artai. Será unha experiencia inolvidable para os rapaces e rapazas da Escola Basket Xiria, CB Artai e asociados. Ademáis, dous equipos poderán xogar no descanso do partido, ante máis de 5.000 siaeiros.

FOTO OBRA

A organización será a seguinte:

  • 14:45 horas Reunión na pista de Basket da Praza do Concello para facer unha foto de familia da expedición
  • 15:00 horas Saída dos autobuses. Durante a viaxe repartiranse as entradas.
  • 16:15 hora prevista de chegada ó Pavillón de Sar. 
  • 17:00 hora de comezo do partido
  • Unha vez finalizado o partido, o autobús esperará na porta de Saída do Pavillón

Non se permite entrar no pavillón con bebida nin comida. Dentro hai lugares para poder mercar auga, refrescos e comida.

Obradoiro-baskonia_novembro_2018_ebx-artai

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*