Como obter os títulos de Adestrador – CAD – no Colexio Manuel Peleteiro

Xunto a esta información, achegamos os dous formularios precisos para realizar a preinscrición, documentos que deberán enviarse conxuntamente e debidamente cubertos a  cad@fegaba.com. O prazo para xestionar este proceso remata o vindeiro 6 de xullo. 
 
Os detalles e requisitos completos para esta preinscrición e posterior participación no “CAD Manuel Peleteiro – FGB” podes consultalos no tríptico oficial que tamén referimos aquí. 
 
En abril de 2016 a Federación Galega deu os seus primeiros pasos nunha nova oferta formativa para adestradores ao amparo da publicación do RD 982/2015 e que regula as titulacións por vía académica. Con este decreto actualízanse os requisitos e contidos dos ensinos conducentes aos títulos de Técnico Deportivo e Técnico Deportivo Superior en Baloncesto.
 
FICHEIROS:
 
Da man do Colexio Manuel Peleteiro, entidade docente do máximo prestixio nacional e con quen FGB xa colaboraba previamente de xeito frutífero, materializouse un proxecto que permitise ao adestrador galego a curto prazo obter as titulacións oficiais con sinais de identidade propias:
1. Impartido nun marco docente e espacial único.
2. Estruturado co máximo rigor e calidade.
3. Optimizando a vantaxe que o ensino a distancia ofrece nos tempos actuais.
4. Mantendo a dedicación que os profesores da Escola Galega de Adestradores evidenciaron durante máis dunha década.
5. Vinculando o resto da oferta formativa que a Federación crea anualmente, ao proceso de aprendizaxe do alumno.
O CENTRO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS (CAD) MANUEL PELETEIRO- FGB é xa unha realidade trala súa aprobación pola Consellería de Educación. O seu funcionamento será inminente a partir de Setembro e para o curso 2018/2019. 
Tanto o Colexio Peleteiro como a Federación Galega reforzan o seu compromiso coa prioridade formativa dos futuros adestradores do noso baloncesto. Non se escatimarán esforzos poñendo recursos, contidos e valores a disposición dos noso alumnado, que convertan o proxecto nun ESCENARIO PREMIUM.
 
cada-manuel-peleteiro

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*