Más de 100 adestradores de Baloncesto estarán o Sábado en Carballo

A 4 de Xuño de 2018, xa había confirmados 90 adestradores e adestradoras de Baloncesto para o VIII Claustro Docente que se celebrará en Carballo o próximo 9 de Xuño no Pavillón Vila de Noia.

Gracias ó acordo entre Federación Galega, Concello de Carballo e a Escola Basket Xiria, conseguiuse ter un cartel de moito nivel nestas catro ponencias ofrecidas por  por Maurizio Cremonini,  Javier Torralba e Cristino Menor, con temáticas centradas no minibasket, que reunirán a tres dos maiores especialistas a nivel MiniBasket e que instruirán a máis de 100 técnicos chegados de toda España.

CARTEL DO CLAUSTRO DOCENTE

cartel-claustro-docente-carballo

Para os máis rezagados, todavía están a tempo de inscribirse no Claustro Docente, no seguinte link da Federación Galega de Baloncesto.

http://www.fegaba.com/actualidade/item/2776-conta-atras-para-o-viii-claustro-docente-fgb

Na xornada de onte, confirmouse que ese mismo fin de semana, concentraranse en Carballo as seleccións Autonómicas de Minibasket da Xeración 2007, que participarán no claustro  do sábado día 9 de Xuño e farán doble sesión de adestramento na xornada do Domingo, montando a súa base en Carballo, co cal utilizarán os establecementos hoteleros locales e tamén en canto a restaurantes.

Estas seleccións autonómicas, tanto masculina como femenina, serán os representantes galegos no próximo Campeonato de España de Autonomías

Haberá dúas sesión de adestramento pola mañá e dúas pola tarde, estando o adestrador carballés  Ivan Villaverde, a cargo da selección masculina.

seleccion-gallega-baloncesto

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*