ENTREVISTA A ARTURO FERRACES SOBRE O “BASKETGIRLS DAY”

Nesta campaña na que se alcanzou o maior número de xogadores no clube tamén se rexistrou por primeira vez un maior número de licenzas femeninas que masculinas. A EBX programou para este sábado 17 de Marzo unha xornada de celebración que se dou en chamar “BASKETGIRLS DAY” . Nada mellor que facer un cuestionario o Director Deportivo da EBX Arturo Ferraces para que nos explique a auxe do baloncesto feminino e en que vai consistir o “BASKETGIRLS DAY”.

3

 

  • ¿Cantos equipos e xogadoras federadas ten actualmente o club?

 Na tempada actual o club conta cun total de 20 equipos  mais tres escolas de iniciación, do cal 8 equipos son mixtos e 5 son femininos. No que atinxe as nenas, estamos en 149 xogadoras.

 

  • ¿Como foi a evolución en canto a número de xogadoras nos últimos anos?

Se miramos hacia atrás aínda que sexan solo 5 anos, vese que e evolución é constante e sostida, o que nos permite ser optimistas de que non sexa unha moda pasaxeira. O importante é que o número de nenas foi crecendo por riba da media, pero ao mesmo tempo que crecía o club. Na tempada 2012-13 no club había 76  xogadores  dos cales 18 eran rapazas. En 5 anos , pasamos a ser arredor dos 300 con algo mais do 50 % de nenas.

 

  • ¿Cal crees que son as claves ou factores determinantes para que o número de nenas xogando ao basket, creza cada ano? 

Evidentemente por unha parte hai que velo nun crecimiento lóxico dentro do cecremento do club. Asi como o club creceu, en número de xogadores en total, tamen creceu en número de adestradores, directivos e lóxicamente en número de xogadoras.

A parte mais importante deste crecemento, sen dúbida é a aposta da directiva no seu momento por poder ofertar as nenas de Carballo un deporte colectivo  no que integrarse. Aínda que a oferta deportiva no Concello é moi grande, é verdade que fai 5 anos as nenas tiñan no volleyball case a única oportunidade de facer algún deporte competitivo colectivo.

A posibilidade de probar e coñecer un deporte que permite a  aprendizaxe a través do xogo, as edicións do Dia do Pequebasket en Carballo que permitiu coñecer a versión lúdica a moitas familias, a creación da escola Pequebasket, na que se traballan diferentes capacidades motoras físicas, emocionais e de relación persoais son claves para que os pais visen o baloncesto como unha actividade física para as súas nenas.

Lóxicamente a creación dos equipos en Ponteceso e Laracha, tamén nos permitiu que o crecemento neses anos, fose moito maior do normal.

 

  • ¿Cales son as idades nas que se concentran o maior número de xogadoras?¿Cal crees que é o motivo?

Agora mesmo a idade infantil é o equipo que conta cun maior numero de xogadoras,16 nenas de 12-13 anos. Ao final esto depende moito das nenas que forman as distintas xeracions, que a través do boca a boca, e traendo amigas, conseguen que as nenas veñan a probar. Das  nenas e nenos que veñan a probar durante un mes sen nengún tipo de compromiso, o 95% acaban quedando no club.

O feito de que os nenos nesta idade de 13-14 anos, pasen dos colexios ao Instituto tamén fai que sexa mais fácil que poidan vir nenos e nenas das parroquias e ao mesmo tempo, moitos outros xa non necesitan que os pais os teñan que traer as instalacións, o que facilita a sua elección.

 

  • ¿Cantos anos ten a nena máis nova do club? Con que idade recoméndase o inicio da práctica do baloncesto? 

Neste momento temos nenas de 4 anos que están na escola pequebasket.

Nesta escola non facemos baloncesto propiamente, se non  que buscamos o desenrolo da psicomotricidade e aumentar a capacidade afectivo-social e de relación dos nenos e nenas. Si que é verdade, que nos xogos que usamos para acadar estos obxetivos, usamos balóns e canastas adaptados ao tamaño dos nenos.

Na actualidade, os nenos de 4,5 e 6 anos, xa teñen acercamentos ao baloncesto, pero propiamente adestramentos e competición facemolo a partir de 7 anos.  

 

  • ¿Que destacarías na dinámica e comportamento dos nenos e nenas máis pequenos cando xogan conxuntamente en equipo mixtos?

Pensamos que é a maneira máis natural de conseguir que todo o que conleva o termo IGUALDADE, xurda e instalese na conciencia dos nosos nenos. O desenrolo físico e de madurez mais tempraneiro que teñen as nenas, fan que poidan competir físicamente cos nenos, polo que os nenos adquiren ese sentimento de igualdade , e acaban valorando aos compañeiros polo seu valor persoal ou deportivo, pero nunca polo seu sexo.

 

  • ¿Cales son os aspectos máis positivos que adoitan destacar as/os nais/pais de xogadoras, da práctica do baloncesto por parte das súas fillas? 

Moitas familias acércanse a nós buscando un deporte para a súa filla pero que non sexa tan competitivo como o fútbol. Realmente acaban vendo que a seriedade da entidade, do deporte no que están e dos adestramentos, tamén ten un alto componente competitivo e que moitas veces son os nenos os que o demandan.

Hai o sentimento xeralizado de que é un deporte amable cos participantes, de que se fai en instalacións cubertas e de que o ambente que rodea os partidos e os comportamentos nas gradas é máis sano que noutras disciplinas.

 

  • ¿Por que a idea de celebrar o Basket Girls Day?

É outra iniciativa que se leva a cabo no club dentro do que podemos misturar coa vertente social.

Aproveitando este boom de baloncesto femenino e a gran tempada que está realizando o equipo senior femenino Vazquez y Reino Basket Xiria, aproveitamos para que as propias xogadoras de base vexan o que se está construíndo entre todas. Fai poucos anos casi non tiñan a posibilidade de xogar a baloncesto e hoxe en día, forman parte dunha entidade que ofrece a posibilidade de xogar dende os 4 anos ata a idade senior.

Que podan ver as xogadoras senior como referentes e vexan exemplos de nenas que comezaron con 8 anos no clube, sendo dúas ou tres xogadoras soas, tendo cada ano problemas para xogar por falta de compañeiras, tendo que xogar con categorías superiores porque non había rapazas da súa idade e ainda así, chegaron a formar parte dun equipo senior e ser referentes. Xogadoras que despexaron camiños e que agora poden observar con orgullo o que teñen conseguido polo baloncesto femenino en Carballo e na comarca de Bergantiños por extensión nos proxectos que ten actualmente a Escola Basket Xiria.

Esa é a razón principal de facerlles esta homenaxe.

LOGO

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*