
Un ano máis co motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro #25N), desde a Escola Basket Xiria manifestamos o noso rexeitamento a calquera forma de violencia contra a muller, así como calquera outra forma de violencia, e desexamos que esta lacra social se erradique dunha vez por todas.
Do mesmo xeito, sumámonos a campaña Concellos en Negro, impulsada desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo, e que tamén se está a desenvolver simultaneamente noutras vilas e cidades de Galicia.
O sábado 24 de novembro, a Escola Basket Xiria fará un breve acto para lembrar esta data como mostra de sensibilización e repulsa contra este tipo de violencia, ó inicio dos partidos senior feminino e masculino no Pavillón Vila de Noia ás 16 h e 18 h respectivamente, contando coa presenza da concelleira de Igualdade e Benestar, Dona María Carmen Ures García.
Deixa unha resposta