CLAUSURA DO CAMPUS DE MINIBASKET EN LARACHA

Hoxe celebrouse no pavillón municipal de Laracha a clausura da primeira edición do Campus de Minibasket Concello da Laracha. O acto de clausura contou coa presencia do alcalde do Concello da Laracha José Manuel López Varela, membros da directiva de Escola Basket Xiria e o coordinador da EBX de Laracha Roi Vega. Despois da foto de conxunto fixéronse entrega de agasallos os participantes e douse un breve discurso transmitindo o agradecemento as institucións colaboradoras (Concello de Laracha, Escola Basket Xiria e Federación Galega de Baloncesto) e desexando boas festas ó Concello de Laracha.

CampusLarachaClausura (23)

CampusLarachaClausura (26) CampusLarachaClausura (27)

O campus celebrouse durante a primeira quincena do mes de agosto en horario de mañán e nel participaron vinte rapaces de Laracha con edades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. As actividades do campus tiveron como elemento integrador o baloncesto pero cunha metodoloxía a través de xogos que permitiu mellorar a técnica individual e favorecer habilidades como a psicomotricidade, o compañerismo e o esforzo por mellorar. O campus contou coa presenza de tres adestradores: Roi, Sito e Basilio que conseguiron facer que os adestramentos foran productivos e divertidos á vez. Sen dúbida que pola ledicia vistas nas facianas dos rapaces veremos futuras edicións desta actividade e superarase o número de inscripcións desta primeira edición.

A última xornada do campus foi especial porque ademáis dos rapaces sumáronse nais e pais os adestramentos. Deixamos algunhas fotos e vídeos dalgúns momentos especiais da xornada.

CampusLarachaClausura (1) CampusLarachaClausura (2) CampusLarachaClausura (3) CampusLarachaClausura (4) CampusLarachaClausura (5) CampusLarachaClausura (6) CampusLarachaClausura (7) CampusLarachaClausura (8) CampusLarachaClausura (9) CampusLarachaClausura (10) CampusLarachaClausura (11) CampusLarachaClausura (12) CampusLarachaClausura (13) CampusLarachaClausura (14) CampusLarachaClausura (15) CampusLarachaClausura (16) CampusLarachaClausura (17) CampusLarachaClausura (18) CampusLarachaClausura (19) CampusLarachaClausura (20)

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*