PRESENTACIÓN OFICIAL DOS EQUIPOS SENIOR MASCULINO E FEMININO

Este sábado os equipos senior masculino e feminino van realizar a presentación oficial da campaña 2017-2018. Os nosos equipos mediranse a dous rivais da mesma categoría en encontros amigables que deben servir de posta a punto para o inminente inicio da competición oficial.

Ademáis nos descansos dos partidos están programados encontros de exhibición entre os equipos das categorías base de Carballo e Laracha. Na tarde do sábado irán pasando pola pista do Vila de Noia a case totalidade dos xogadores federados que tal e como vimos anunciando nos medios non deixa de medrar e estamos pretos de alcanzar a cifra dos trescentos. Dende o clube estamos facendo chegar  invitacións ás empresas, asociacións e socios colaboradores porque sin eles non sería viable manter e consolidar o proxecto deportivo das escolas. 

O Vázquez y Reino Basket Xiria enfróntase a partir das 17:00 horas o Basquet Coruña. Ambos equipos militan na 2ª división feminina autonómica. O equipo senior feminino disputa este ano a súa segunda tempada e ainda sendo un plantel con xogadoras moi novas agárdase que sea un dos equipos que loite por acadar o ascenso. O equipo continúa as ordes de Javier Varela. O adestrador non poderá contar aínda coa xogadora senegalesa Absa Kase. Na convocatoria figuran varias xogadoras do equipo junior. 

Pola súa banda o equipo senior masculino do Calvo Basket Xiria vaise medir a partir das 19:00 horas o Baloncesto Cambre. No banco fará o debut como primeiro adestrador o carballés Iván Villaverde. O Calvo Basket Xiria estivo a piques de lograr o ascenso a EBA na pasada campaña e nesta será un dos candidatos máis firmes para volver a loitar de novo polo ascenso. No plantel comparten vestiario xogadores de moita experiencia como Roi, Peli Esmorís e Rubén Cristóbal con xogadores novos de gran talento como Moreira e Guillamet. Outro dos grandes atractivos deste encontro será recibir a un xogador moi querido do equipo rival como Luis Montenegro ‘Monti’ que xogou no equipo de Carballo durante 4 temporadas sendo unha delas a do ascenso a liga EBA.

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*