A ESTREA OFICIAL DO ORTODIX BASKET XIRIA FAISE ESPERAR

A pesar de que estaba todo preparado para a estrea do Ortodix Basket Xiria na copa Galicia o partido non se puido disputar por unha incidencia da federación no citamento dos colexiados. A Delegación coruñesa da Federación Galega de Baloncesto pediu disculpas os dous clubes e rogou por alcanzar un acordo para programar unha nova data para a disputa do encontro.

calentamiento

 

Tanto o Ortodix Basket Xiria como o C.B. Culleredo tiñan realizado os exercicios de quencemento e na grada do Vila de Noia respirábase a ilusión por presenciar o debut dos planteis na competición.

equiposmesa

 

Desde o clube sentimos que o partido non se puidera celebrar como estaba programado. Somos conscientes do esforzo que fixeron os xogadores e os adestradores para afrontar o primeiro encontro da competición xa que tiveron que iniciar a pretemporada no mes de agosto. Do mesmo xeito tamén entendemos a decepción dos familiares dos xogadores e afecionados por adaptar as súas axendas por un partido que non se xogou.

 

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*