300

Campaña 300 da Escola Basket Xiria

A Escola Basket Xiria pon en marcha a novidosa campaña de abonados e abonadas para a tempada 2017-2018.

A campaña evoca a famosísima película estadounidense baseada na Batalla das Termópilas, na que se describe a historia do Rei Espartano  Leónidas e os seus 300 gerreiros espartanos que loitaron contra o Deus Persa Jerje I e a súa armada de máis de 100.000 soldados.

¿Por qué 300?

Porque por primeira vez na historia da Escola Basket Xiria, o número de xogadores e xogadores rozará esa cifra na tempada 2017/2018, e pretende ser o Obxectivo Claro do Clube.

Preténdese afianzar os 191 xogadores federados a través da Escola Basket Xiria de Carballo e facer realizade o proxecto deportivo creado en Laracha tamén baio o nome Laracha Basket Xiria, no que hai xa 61 rapaces e rapazas inscritos. Por tanto,  día de hoxe o número de deportistas federados pola Escola Basket Xiria rebasaría os 250, e preténdese acadar os 300 ó que fai referencia a campaña.

Ademáis deste obxectivo, a Escola Basket Xiria segue mantendo o convenio de colaboración co CB Artai de Carballo, que ten máis de 100 xogador@s de Baloncesto nas súas filas, e tamén o Basket en Aspaber, no que este ano superaron os 45 participantes nas clases que imparten adestradores de EBX.

Os carteis da promoción non pasarán desapercibidos pola xente, xa que os deportistas vístense de espartanos para recordar ós guerreiros da época antiga, nos que aparecen

  • Roi Vega, como capitán do equipo Senior Masculino Calvo Basket Xiria
  • María Limeres, capitana do equipo Senior Femenino Vazquez y Reino Basket Xiria.
  • Xian Suárez, xogador da base EBX, do equipo alevín masculino
  • Uxía Sousa, xogadora da base EBX, do equipo Benxamín Mixto

Esta campaña foi desenrolada pola empresa Carballesa Donclic, que colabora dende fai anos co Clube.

CARTEIS DA CAMPAÑA 300

apolos300

cartel300 modelo2 cartel300 modelo3

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*