
Este sábado 16 de Setembro Sísamo disfrutou dunha fermosa mañá deportiva na pista do Ramil. A boa acollida por parte dos nenos e veciños de Sísamo da un gran respaldo a iniciativa novedosa posta en marcha pola Escola Basket Xiria nesta campaña.
Moitos nenos e nenas de Sísamo incorporáronse e tomaron parte dos exercicios e partidos dirixidos polos adestradores da Escola Basket Xiria.
A foto final da xornada mostra a un grupo moi numeroso que tomou parte na actividade. Nenos, pais e avós participaron e contribuiron a vivir unha xornada deportiva de moita ledicia da que nos sentimos moi orgullosos.
Algún pai ata tivo o atrevemento de xogar e celebrou as canastas con gran ilusión e facendo rir a moitos dos que estaban presenciando o encontro.
Despois do exercicio tocaba repoñer forzas e tivemos a sorte de ser convidados polo Pazo do Souto a café e refrescros.
Deixa unha resposta