
Roi Vega Torreira, o carismático líder do CALVO BASKET XIRIA, continuará outra tempada máis ó frente da nave Carballesa.
Con 37 anos cumplidos este verán, Roi decidiu prolongar outro ano máis (de momento) o seu maxisterio como xogador e a súa clase como deportista, sendo un exemplo para todos os xogadores non só de Carballo, senón de toda Galicia, vendo un xogador da súa traxectoria e veteranía, adestrarse ó 100 x 100 e comportarse como un cabaleiro na pista.
Ser pai de familia , coordinador e adestrador das Escolas Municipais de Baloncesto de A Laracha, non foi un impedimento para Roi, que disfruta co que fai, e que lle permite atopar tempo para comprometerse e acumular tempadas na mochila como xogador do Baloncesto en XIRIA.
Deixa unha resposta