O primeiro ano das Escolas Municipais de Baloncesto de Ponteceso, todo un éxito

O 2 de Setembro de 2015, creábanse en Ponteceso as Escolas Municipais de Baloncesto, tras o acordo acadado entre o Concello e a Escola Basket Xiria.

“Este proxecto supón a consumación dun traballo iniciado en Carballo, onde temos máis de 350 nenos e nenas federados, e dos proxectos municipais da Laracha, con 100 rapaces, e Santa Comba, con 50. Queríamos que os concellos limítrofes a Carballo tivesen a oportunidade de ofrecer baloncesto, e neste sentido temos que agradecer a boa disposición do Concello de Ponteceso”, manifestou no seu día o presidente do club carballés, Diego Vázquez.

García Carballido deu as grazas ao club “por contar con Ponteceso” e louvou o traballo de Marco Varela. “Con este proxecto –manifestou- o noso concelleiro de Deportes meteu unha canastra de tres puntos, porque en moi pouco tempo conseguiu sacar adiante distintos proxectos deportivos”. O alcalde recoñeceu que cando traballaba en Cee sentía certa envexa do club de baloncesto local porque en Ponteceso non existía a posibilidade de practicar ese deporte. “Temos dous pavillóns, e queremos que estean cheos de nenos e nenas e que haxa competicións, porque iso significa viaxar, coñecer xente e implica certa superación. O máis importante, que era iniciar o proxecto, está feito”, concluíu.

Despois de máis de 8 meses de actividade en Ponteceso, o Baloncesto é todo un fenómeno social no Concello.

Podemos ver fotografías desta tempada no seguinte link:

FOTOS ESCOLA MUNICIPAL DE BALONCESTO DE PONTECESO

IMG_5815

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*