O equipo Junior Feminino Escola Basket Xiria A Laracha disputará a fase de ascenso á Liga Galega

junior fem

O equipo junior feminino disputará a fase de ascenso a liga galega

Esta fin de semana confírmase que as nosas junior femininas disputarán a fase de ascenso a liga galega. O equipo comeza a rodar a tempada cunha moi boa dinámica, conseguindo a 2ª posición ligueira e superando a todos os rivais no basket average.

1ª Volta

Calasancias 35 – 47 EBX (+12) Vitoria

EBX 46 – 32 Basquet Coruña (+14) Vitoria

EBX 50 – 38 Sto Domingo Betanzos (+12) Vitoria

ACB Costa da Morte 40 – 32 EBX (-12) Derrota

2ª Volta

EBX 55 – 59 Calasancias (-4) Derrota (Basquet average a favor) (+8)

Basquet Coruña 50 – 49 EBX (-1) Derrota (Basket average a favor) (+13)

Sto Domingo Betanzos 33 – 40 EBX (+7) Vitoria (Basket average a favor) (+19)

EBX 46 – 32 ACB Costa da Morte (+14) Vitoria (Basket average a favor) (+2)

Estes resultados, propiciaban que as nosas junior optasen ao grupo que promocionaría entrar na loita pola fase de ascenso. Nesta 2ª fase, as nosas junior mediríanse ante fortes equipos como Universitario de Ferrol e BB Costa Ártabra, equipos que conseguiron resultados intachables dentro da súa liga, dobregando a equipos como Ensino de Lugo e Terras dá Mariña.

Non foi tan boa esta segunda fase, onde lesións e problemas académicos fixeron que o equipo non conseguise continuar coa tan boa dinámica coa que comezara a tempada. Unha única vitoria e o abandono da competición do ACB Costa da Morte, fai que nosas junior disputen a fase de ascenso á liga galega, na que se enfrontarán a Universitario de Ferrol, BB Costa Ártabra de Pontedeume e Calasancias de Coruña.

Un premio para o crube e para nosas xogadoras, que mais alá de conseguir vitorias ou imaxinarse o ascenso, deben pelexar por deixar o listón ben alto e competir cada balón con garras e dentes, tal e como se espera e demostrou este equipo.

Parabéns para as nosas xogadoras: Ana Grille, Iria España, Jessica Viña, Andrea Pombo, Lara Pérez, Aldara Varela, Irene Quintela, Zeltia Méndez e Patricia Rodríguez. E ás cadetes Irene Velo, Carmen Castro, Lucía Viaño e Nerea Varela.

Adestrador: Iván Latasa

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*