Hoxe parte o Cadete Masculino rumbo a La Seu para disputar o Campionato de España de Clubes

Hoxe 20 de Maio ás 23:00 horas dende o Centro Comercial Bergantiños, partirá a expedición do equipo Cadete Masculino “Carballo a un paso” rumbo a La Seu D’Urgell para disputar o Campionato de España de Clubes, despois da exitosa clasificación como Campión Galego da Categoría.

cadete-masculino-500

O equipo encádrase no grupo D onde os partidos son os seguintes:

  • Domingo 22 de Maio
    • Carballo a un Paso – Valencia BC ás 17:00 horas
    • Gran Canaria – Hospitalet ás 19:00 horas
  • Luns 23 de Maio
    • Valencia BC – Gran Canaria ás 17:30 horas
    • Carballo a un Paso – Hospitalet ás 19:30 horas
  • Martes 24 de Maio
    • Gran Canaria – Carballo a un Paso ás 17:00 horas
    • Hospitalet – Valencia ás 19:00 horas

Case con total seguridade, valería unha victoria para pasar a Octavos de Final a partir do Mércores 25 de Maio

No seguinte link pódense ver todos os partidos da competición:

http://www.feb.es/Documentos/Archivo/Upload/Sorteo%20CE%20CADETE%20MASCULINO%202016.pdf

E no seguinte link pódense ir vendo en liña os resultados dos partidos:

http://competiciones.feb.es/Estadisticas/Resultados.aspx?g=35&t=2015

Os xogadores non estarán solos en La Seu e Andorra, xa que un nutrido grupo de nais e pais acompañará en Autobús a Expedición do Carballo a un Paso, o que demostra o gran compromiso por parte deste grupo.

Dende a Escola Basket Xiria, queremos desexarlles unha boa participación no Campionato, máis alá do deportivo, xa que sen dúbida será unha experiencia que recordarán toda a súa vida.

A plantilla do equipo Carballo a un paso para disputar o Campionato será a seguinte:

  • Juan López Tuset
  • Anxo Estany Gómez
  • Javier López Pardo
  • Jorge Mato Andres
  • Luciano Calvo Eirís
  • Martín Vidal Otero
  • Enrique Melini Pose
  • Javier Souto Pallas
  • Manuel García-Argüelles Rey
  • Carlos Fraga Arán
  • Eduardo Castro Fernández
  • Mario López López

Como Adestrador, Arturo Ferraces Martínez e como segundo Héctor Añón Rodriguez

Con eles tamén viaxará un nutrido grupo de nais e pais, e o directivo da Escola Marcos Díaz Molk

melini

En canto a información dos rivais que lle esperan ó Cadete, podemos ver máis información nos seguintes links:

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*