Exito rotundo da I Copa Bergantiños

Éxito rotundo da I Copa Bergantiños, na que participaban equipos Benxamíns e Alevíns dos equipos vencellados á Escola Basket Xiria de Carballo:

  • Escola Basket Xiria
  • Club Baloncesto Artai
  • Escola Municipal de Baloncesto de Ponteceso
  • Escola Municipal de Baloncesto de A Laracha

Os resultados foron os seguintes, coa Escola Basket Xiria campión en Benxamín e CB Artai campión en Alevín:

copa-bergan-resultados

Fotos dos equipos Benxamíns participantes

benxamin-laracha benxamin-artai2 benxamin-xiria

Fotos dos equipos alevíns participantes

alevin-hector alevin-laracha alevin-artai alevinxiria

Os nenos e nenas das categorías benxamín e alevín de Escola Basket Xiria e o Club Baloncesto Artai, por Carballo, e das escolas municipais de baloncesto da Laracha e Ponteceso vivirán o sábado 28 de maio a Copa Bergantiños de Baloncesto, unha cita que servirá para pechar de forma divertida e a través dunha competición propia unha excelente tempada de convivencia e baloncesto. Será unha Final Four na que participan catro equipos de cada club con semifinais, finais e finais de consolación e, sobre todo, con entrega de trofeos e medallas, unha das cousas que máis ilusión lle fan aos nenos e nenas. E tamén ás nais e pais e á organización que levan todo o ano implicados neste proxecto comarcal de baloncesto.

A cita comeza ás 9.30 horas coas semifinais benxamín; segue ás 10.30 coas semifinais alevín; ás 11.30 son as finais de consolación; e as finais están previstas para as 12.30 horas, coa entrega de medallas e trofeos ás 13.45 horas.

Os encontros disputaranse a partir das 9.30 h. e contarán con semifinais, finais e finais de consolación

Joaquín Moreira, do Artai, quixo subliñar que “ten moito mérito facer unha liga en Bergantiños” e que a celebración desta Copa é “o punto e final a un ano de traballo”. Do mesmo xeito, Roi Vega, responsable das escolas municipais Embal A Laracha, expresou que están “moi contentos de participar” e que o formato permite que “os rapaces pelexen por unha final”, o que motiva moito aos equipos. Primitivo Reguera, de Escola Basket Xiria, tamén resaltou que “é a primeira vez que se xoga este formato con catro clubes da comarca” e espera que a cita permita “seguir medrando” e que “as ligas vaian mellorando”.

Apoio para o deporte de base

Todos eles estiveron na presentación da Copa, xunto coa Técnica de Deportes de Ponteceso, Remedios Varela, Ángeles López, da directiva das Escolas Basket Xiria, o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Este último amosou a súa satisfacción porque as categorías benxamín e alevín teñan a oportunidade de disputar esta copa, e manifestou a intención do Concello de “seguir apoiando ano a ano as categorías inferiores”, especialmente “cando o número de equipos e o número de licenzas sigue medrando”. Para rematar desexou que os rapaces gocen con esta festa do baloncesto.

A Copa Bergantiños está organizada polo Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto coa colaboración de todos os clubs participantes.

cartel-copa-bergantinos

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*