Construccións Vazquez e Reino, patrocinador oficial do equipo senior feminino

Hoxe 4 de Agosto de 2016, facíase realidade o proxecto do equipo senior feminino tras o acordo acadado entre a empresa Construccións Ramón Vázquez e Reino e a Escola Basket Xiria para patrocinar o que será o primeiro equipo senior de Baloncesto en Carballo, tras máis de 30 anos de historia do Clube.

A esta presentación, acudía:

  • En representación da Directiva da Escola Basket Xiria
    • Marcos Díaz Molk, presidente
    • Rubén Lorenzo, vicepresidente
    • Primitivo Reguera, secretario
  • En representación do patrocinador Vazquez y Reino
    • Diego Vázquez Reino, director-xerente da empresa
  • En representación do equipo
    • Arturo Ferraces, coordinador e director técnico da Escola Basket Xiria ademáis de entrenador do Senior Masculino
    • Javi Varela, entrenador do equipo Senior Feminino
    • María Limeres, capitana do equipo
    • Silvia Millán, primeira fichaxe do equipo, e unha das millores xogadoras galegas da Categoría

presentacion-vazquez-reino-xiria-femenino

O presidente da Escola, Marcos Díaz Molk, expresaba o agradecemento á Empresa Patrocinadora “polo seu compromiso con este novo proxecto, ambición que durante moitos anos se perseguiu e que esta tempada será unha realidade”, tamén quixo agradecer “a ilusión posta dende o primeiro momento polo adestrador Javi Varela, que supo transmitir ó resto da plantilla”, así como dou a benvida ó clube a Silvia Millán, primeiro fichaxe cun gran nivel para a categoría, e agradeciu a presenza tamén de María Limeres como capitana do grupo.

Sen dúbida o nacemento dun bonito proxecto, que dará moito que falar durante esta tempada 2016-2017, xa que nos primeiros días do nacemento deste equipo, xa batiu records de visitas á web e nas redes sociais.

NORABOA, E MOITA SORTE Ó EQUIPO, E POR SUPOSTO Ó PATROCINADOR, CONSTRUCCIÓNS VAZQUEZ E REINO

 

Foto firma do patrocinio, con Javi Varela, adestrador, Silvia Millán e María Limeres – xogadoras, e Marcos Molk presidente da EBX e Diego Vázquez xerente de Construcciones Vazquez y Reino.

firma-patrocinio-senior-femenino

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*