Cadete Masculino Liga Galega: Carballo a un Paso Basket Xiria 79 – CB Tui 61

12795455_1204292882921714_1152950368255876420_n

Bo partido o disputado entre Carballo a un Paso e CB Tui, equipo que viña de gañar en Lugo anotando 102 puntos e que a pesar de estar na zona baixa da táboa, demostrou porque é un rival incomodo para todos os seus opoñentes.

Os locais comezaron  xogando con moita mais fluidez que os partidos anteriores, conseguindo boas opcións de tiro, e debido ás poucas perdidas de balón, anotaban 18 cuartos no primeiro cuarto, a pesar de fallar moitos tiros fáciles.En defensa, se cara a un bo traballo sobre os homes importantes dos Tudenses, pero debido  a súa calidade, Rafa Fernandez e Luís Torres , arranxábanllas para anotar 13 puntos que mantiña ao seu equipo no marcador.

O segundo cuarto foi o peor dos locais,que se atascaban un pouco contra a zona, buscaban anotar debaixo do aro, e aí, Gonzalez, cos seus 2 metros de altura, impoñía a súa lei e provocaba moitos fallos ; ademas o fallo nos tiros libres, daba un parcial de 10-14 para os visitantes, onde o base Luís Torres, aproveitaba o descanso do seu defensor Javi Lopez, para anotar 8 puntos neste cuarto.

Tras o paso por vestiarios  rompe a dinámica de igualdade no marcador, e os locais  realizan un gran cuarto ofensivo, pasándose moi ben o balón, con Anxo e Martin facendo dano no xogo interior, e cos xogadores exteriores anotando con acerto, o que leva a sumar 27 puntos neste cuarto, e que a pesar do bo nivel de Tui en ataque, 16 puntos neste período, a diferenza xa sexa de 12 puntos para xogar o ultimo cuarto.

No ultimo cuarto, a saída dos Carballeses vai ser definitiva, cunha boa defensa e  boas lecturas contra a zona , onde ben o xogo interior  e tambien o xogo exterior, catro triplos neste cuarto, situan as diferenzas por encima dos vinte puntos  a 6 minutos do final. Neste período ,  a direccion e anotacion de Jota, (13 puntos neste período), permite aos carballeses mandar con claridade, a pesar da relajacion defensiva ; Os visitantes conseguen  recortar diferenzas , demostrando a calidade  dos seus  xogadores    e o bo xogo do  equipo, que seguro que irá para arriba  , grazas á agresividade e boas  alternativas de xogo  que se lles transmiten desde o banco.

Destacar a volta de Melini de despois de catro partidos por lesion, e a anotacion repartida entre nove xogadores.

O equipo anotou un total de 8 triplos sendo o seu record da tempada.

Para a proxima semana, partido clave en Lugo, onde rendemos visita a Estudantes de Lugo, nestes momentos cuarto clasificado e equipo que xa nos derrotou esta tempada en Copa Galicia.

ANOTADORES: Jota  13( 1 triplo),Edu, Manu 1,Anxo  17,Martin 13 ( 1 triplo), Javi Lopez 5 (1 triplo),Luciano 2, Melini 19 ( 4 triplos),Juan Lopez 3( 1 triplo), Javi Souto 6.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*