Cadete Masculino Liga Galega: Carballo a un Paso Basket Xiria 52 – Sigaltec Vilagarcía 42

IMG_7907

VITORIA SUFRIDA:

Primeiro partido da segunda volta, que o noso equipo afrontaba outra vez con baixas de Edu e Melini, fronte a un rival que se move pola 5ª posicion e que viña en bo estado de forma.

Todo iso fíxose notar ao principio do partido, onde o noso equipo parecia moi presionado pola derrota da xornada anterior; e, na contra, os visitantes salian moi alegres á cancha, dominando todalas facetas do xogo, e pasando por riba dos nosos xogadores. A pesar do tempo morto local, os visitantes chegaban ao final do primeiro cuarto cun resultado de 8-20, froito do seu acerto en tiros de media distancia e a fraxilidade da defensa do 1×1 local. En ataque, ante a defensa de axudas interiores dos vilagarciáns, os nosos fiábano todo ao tiro exterior,acabando cun pobre 0-7 en triplas, e con moi malas sensacións como equipo.

O segundo cuarto, o noso ataque segue a un nivel pobrisimo, con pouca agresividade para acabar as xogadas ofensivas, e continuando con nulo acerto no tiro exterior e desde o tiro libre; as boas noticias chegan dende a parte defensiva, onde comezamos a defender mellor, e conseguimos frear o ataque vilagarcián, que xa non anota con facilidade. Un parcial de 11-9, mándanos ao descanso cun resultado de 19-29, pendentes de mellorar o ataque.

IMG_7908

Tra-lo descanso, cambian tórnalas do partido, e os Carballeses vólvense mais agresivo, empezan a circular mellor o balon, a romper en situacións de 1×1, e buscar vantaxes interiores, onde Anxo e Martin empezan a facer dano, e ven axudados e asistidos polos xogadores exteriorires.; o cambio a zona en defensa dos visitantes , non logra parar a mellora do ataque local. En defensa, mantense a agresividade e os de Vilagarcia perden a frescura e o acerto. Ao final do cuarto, un parcial de 17-10, déixanos a unha distancia de dous puntos e con 10 minutos por xogar.

O ultimo cuarto xa non cambiará de dinámica, e aínda que os locais notan o cansazo, e seguen negados desde o exterior,acabasen o partido con 0 de 15 en triplos, o seu xogo preto do aro, permítelles anotar 16 puntos , e o seu ferrea defensa pecha o camiño do aro aos visitantes, que tan só anotarán 3 puntos neste período para un parcial de 17-6.

Vitoria agonica e moi sufrida ante un bo equipo Vilagarcián, que loitará por estar na fase final , entre os 5 primeiros clasificados.

ANOTADORES: Jota 10, Carlos, Manu, Anxo 22, Martin 12, Javi Lopez, Luciano 4, Juan,Mario e J. Souto 6

Fotografías: Juan Carlos Castro Pombo.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*