
Todos os interesados e interesadas en formar parte da Escola Basket Xiria na tempada 2016-2017, poden formalizar a preinscrición a través do seguinte enlace:
IDADE MÍNIMA (4 ANOS – ANO NACEMENTO 2012)
Máis info no teléfono 607847925
Os nenos e nenas nados ata o ano 2012 (idade mínima 4 anos), teñen unha oportunidade estupenda de iniciarse no Baloncesto. Se nunca practicaron este deporte, trátase dunha excelente ocasión para meterse de cheo nun mundo saudable e no que aprenderán non só aspectos deportivos, senón tamén sociais moi educativos.
As categorías según ano de nacemento do neno ou nena, son as seguintes:
- Pequebasket, de 4 a 7 anos
- Benxamín, de 8 a 9 anos
- Alevín, de 10 a 11 anos
- Infantil, de 12 a 13 anos
- Cadete, de 14 a 15 anos
- Junior, de 16 a 17 anos
- Senior, de 18 anos en diante
Dende esta semana, a inscrición está aberta a todos os interesados, para os que dispuxo o seguinte FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
Tamén está dispoñible o seguinte número de teléfono para calquer dúbida: 607847925 (tamén atendemos vía whatsapp)
Os horarios de adestramentos ata os 12 anos, son:
- Martes, Xoves e Venres de 17:15 h a 18:30 h no Pavillón Bergantiños
Para horarios dos nenos e nenas maiores de 12 anos, consulta horarios no teléfono 607847925 (tamén atendemos vía whatsapp)
FORMA PARTE DA NOSA GRAN FAMILIA!!!
Deixa unha resposta