A Escola Basket Xiria segue colaborando con Aspaber, e xa van 5 anos

Baloncesto Aspaber é unha actividade na que participan 35 usuari@s do Centro Aspaber de Carballo, con distintas diversidades intelectuais, funcionáis e físicas. Escola Basket Xiria conta xa con 5 anos de experiencia nesta actividade na que o número de usuari@s que practican o Baloncesto foi aumentando ano tras ano, dende os 14 que formaron o primeiro grupo de baloncestistas.

Lévase a cabo todos os venres de Octubre a Xuño en horario de 11:15 a 12:15, planificada e dirixida por 3 dos entrenadores da nosa Escola, con formación específica na materia.

Durante a sesión semanal, os usuarios da actividade acércanse ó Baloncesto a través de exercicios que traballan a súa motricidade grosa e fina, coordinación e interacción social, con un OBXECTIVO CLARO: Que se divirtan á vez que practican deporte

Nesta foto vemos a firma do Convenio ESCOLA BASKET XIRIA con ASPABER, alá polo ano 2011

aspaber-xiria colaboración convenio

Tamén fotos doutros anos de actividade

aspaber-razo-3 aspaber-razo

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*