Junior Masculino Liga Galega: Cidade de Lugo 73 – Ortodix Basket Xiria 71

ortodix-basket-xiria-junior-masculino

Cidade de Lugo 73 – Ortodix Basket Xiria 71

Anotadores Ortodix: Cristian (7); Moreira (25); Carballo (5); Adrián (8); Aitor (-); Fidalgo (3); Cotelo (13); Ponte (10); Mallo (-)

Iniciamos o encontro cun 8-0 en contra; non dominábamos o rebote e os nosos tres primeiros ataques resultaron erros en posicións próximas a canastra. Aínda así incrementamos a intensidade defensiva e grazas aos roubos en primeira liña e os posteriores contraataques igualamos o marcador.

Esta sería a tónica para seguir durante o segundo período; máxima igualdade por parte dos dous conxuntos en case todas as facetas do xogo. Novamente tanteo igualado neste cuarto para chegar ao descanso empatados a 28 puntos.

Unha boa saída tanto en ataque como en defensa despois do descanso permítenos tomar pequenas vantaxes, grazas ao acerto no tiro exterior. Desde este momento ata o final do partido sucedeu algo parecido; pequenos tiróns no marcador con vantaxes como máximo de 5 puntos ao noso favor e o equipo local logra recuperarse a través do contraataque e o seu acerto desde o triplo.

Con estas premisas chegamos á última posesión; marcador de 52-55, restando sete décimas, e o árbitro sanciónanos cunha falta en contra, na que concede 3 tiros libres ao equipo contrario que logra anotar. Partido empatado e cinco minutos de prórroga por xogar.

Logramos refacernos empezando ambos os equipos con moito acerto desde a liña de 6,75. Era un precioso intercambio no que novamente temos vantaxe. Cando restaba un minuto gañabamos por 68-71. Nese momento as perdas de balón, aproveitadas polo noso rival, os nosos ataques precipitados con malas decisións e o mal balance defensivo suponnos unha derrota que non resultou ser do todo xusta.

A falta de dúas xornadas nas que os nosos recibirán no Vila de Noia o vindeiro sábado ó Basquet Coruña e unha visita ó Porriño os de Basilo Pampín aínda teñen opcións de clasificarse para a fase final que os levaría a xogar o campionato de España de clubes.

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*