Baloncesto en Getxo – día 2

Bos días dende Getxo. Neste segundo día levantámonos as 08:30 e fomos desayunar ás 09:00 da mañan. Tostadas, cereais, cola cao e zume de laranxa…enerxía ON para o estreno na competición!! Ó rematar, puxemos rumbo a Bilbao, onde percorremos os alrededores do Museo Guggenheim. Alí coñecemos a Puppy, un can feito de flores naturais.

pupy1 pupy2

De camiño ó casco vello da cidade nos atopamos unha araña no medio da rúa, moi parecida ás que tivemos pola noite nas habitacions XD.

ara1 gugen

Xa na cidade vella, decidimos comprar unhas pulseiras iguais para ter algo “especial” que nos identificara como equipo. Logo de un refresco nunha terraza preto da Catedral de Santiago, voltamos ó autobús para ir a residencia a xantar. De camino, fomos comentando entre todas o bonita que nos pareciu esta cidade.

puente boutique bolas

De xantar tivemos patacas á riojana e costela, e de sobremesa un anaco de melón. A continuación estivemos duas horas de descanso obrigatorio para ir con forzas ós enfrontamentos contra os equipos infantís e senior de La Salle Bilbao.

Os encontros comezaron as 18:00 horas cás infantís, que pese a que competiron ao aire libre, puxeron todas as suas ganas e empeño, aínda que finalmente as nosas xogadoras remataron o encontro cunha desventaxa de tan so oito puntos, La Salle Bilbao 42 – EBX  34.

compartido partido

Continuou o equipo Vázquez y Reino EBX senior feminino ás 20:00 horas, estreno moi especial e esperado para todo o plantel, que despois de unhas semanas moi intensas de traballo, comezaba un proxecto novo no clube. O encontro permaneciu moi igualado nos primeiros minutos, aínda que ó remate da primeira parte, as xogadoras vascas tiñan unha ventaxa de oito puntos, 30 – 22. O terceiro periodo foi de claro dominio visitante, 6 – 16, acadando así as primeiras rentas no marcador, máis unha serie de imprecisions nos derradeiros minutos do encontro, acabaron decantando a vitoria do lado local, La Salle Bilbao 54 – Vázquez y Reino EBX 49, un resultado final moi satisfactorio ante un rival moi forte.

senior-femenino-camisetas senior-femenino-cubres

Polas nosas xogadoras estreáronse Iria Sánchez (5), Carmen Castro (1), Paula García (6), Ana Grille (8), Silvia Millán (15), María Limeres (2), Cris Sacedón, Estela Puente (3), Irene Velo (1), Andrea Mato (2), Andrea Pombo (6) y Lucía Viaño.

Para rematar o día, os equipos voltaron á residencia, coa ledicia de atoparse con Emma Pallas, que incorporouse ó equipo infantil tras pasar uns días de vacacions familiares.

Logo de cear, tocou rematar ó dia e recargar forzas, para mañán xogar ás 10:00  as senior do Vázquez y Reino EBX, e as 12:00 as infantís, frente as xogadoras do Salesianos Deusto Bilbao. Ata mañán dende Getxo 😉

Share

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*