
O equipo Senior Femenino “Vazquez y Reino” da Escola Basket Xiria, o primeiro da historia do Baloncesto en Carballo, cerra o plantel que competirá na Segunda División Autonómica na tempada 2016-2017.
O equipo que será adestrado por Javi Varela, contará coas seguintes xogadoras (9 de categoría senior e 7 de categoría Junior que doblarán co equipo senior segundo o nivel acadado para formar un equipo de 12 xogadoras cada xornada):
- María Limeres, dorsal 14, capitana do equipo
- Silvia Millán, dorsal 12, segunda capitana do equipo
- Andrea Pombo, dorsal 32
- María Pereira, dorsal 11
- Estela Puente, dorsal 21
- Alba Fidalgo, dorsal 28
- Patricia Regueiro, dorsal 35
- Ana Grille, dorsal 10
- Andrea Mato, dorsal 27
- Irene Velo, dorsal 23
- Iria España, dorsal 7
- Cristina Sacedón, dorsal 15
- Lucía Viaño, dorsal 42
- Carmen Castro, dorsal 8
- Paula García, dorsal 9
- Lola Alonso, dorsal 22
O equipo ten un tremenda ilusión por competir por primeira vez na categoría, e boa proba delo é que en varias ocasións durante o verán de 2016 se reuniron para adestrar, como se pode ver no seguinte vídeo
Dende o 1 de Agosto, tanto as xogadoras Junior designadas como as Senior Femenino, comezaron a pretemporada, e dende o próximo 8 de Setembro ata o 11 de Setembro, competirán nun torneo en País Vasco, do que adxuntamos información
Torneo-preparacion-pais-vasco-senior-femenino
Na seguinte imaxe vemos un dos primeiros adestramentos dalgunha xogadora deste grupo en Xuño de 2016, en donde se comezaba a fraguar este proxecto, ó que asistiron xogadoras como Blanca Millán, gran promesa do Baloncesto Galego que este ano viaxará a Estados Unidos, e irmá de Silvia Millán, fichaxe da Escola Basket Xiria para esta tempada 2016-2017, e unha das millores xogadoras galegas na categoría.
Deixa unha resposta